A Deputación busca financiamento para conectar cunha senda ciclista 6 faros da Costa da Morte

07:55 28/11/17

Senda ciclista
A través deste proxecto, a Deputación pretende potenciar os faros en funcionamento da provincia e o seu valor cultural e paisaxístico. Para elo, crearanse sendas ciclistas que conecten os faros coas poboacións máis próximas, facilitando deste modo o acceso. Estas sendas construiranse en 11 faros da zona de Ferrolterra, a Costa da Morte e Muros, de xeito que se crearán 59,6 quilómetros de percorrido dos cales 42,8 están na Costa da Morte. Sendas para mellorar o acceso aos faros:
Faro |
Concello |
Titularidade da senda |
Lonxitude (km) |
Punta Nariga |
Malpica |
Municipal |
14 |
Laxe |
Laxe |
Municipal |
1,4 |
Cabo Vilán |
Camariñas |
Municipal |
5 |
Cabo Touriñán |
Muxía |
Municipal |
16 |
Fisterra |
Fisterra |
Municipal |
3 |
Cabo de Cee |
Corcubión |
Provincial |
3,4 |
Seguindo a senda do Camiño dos Faros
Este proxecto complementaría outras apostas da Deputación, coma o Camiño dos Faros. A institución provincial financia tamén a homologación deste camiño como Senda de Gran Percorrido, co obxectivo de fomentar o turismo ao redor deste tipo de construcións nos concellos da Costa da Morte. Novas relacionadas- Asinado o convenio que homologará o Camiño dos Faros nunha ruta de Gran Percorrido
- A Deputación aproba o financiamento do proxecto de homologación do Camiño dos Faros como GR
- O Camiño dos Faros xa se pode facer en bicicleta de montaña.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Deputación da Coruña