Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Feira Náutica de Camariñas abre ás portas aos centros de ensino

A Feira Náutica de Camariñas abre ás portas aos centros de ensino

Foto da feira do ano pasado coa Real Liga Naval Española

O Club Náutico de Camariñas está centrando o foco este inverno no espallamento do xadrez pero non desatente a súa gran actividade, a III Feira Náutica de Camariñas (FENAUCAM 2019). A cita, que terá lugar os días 14, 15 e 16 de xuño no porto de Camariñas ao carón das instalacións do Club Náutico, segue sumando apoios.

A gran novidade desta edición é a invitación aos colexios e institutos da comarca para que poidan acudir os rapaces e rapazas a inauguración e visita a Feira Náutica prevista para o venres, 14 de xuño, facilitando dende a organización da Feira os medios de transporte e con actividades especiais para os máis pequenos/as nese día inicial de FENAUCAM.

Contactos e confirmacións

Este mes de xaneiro douse inicio aos contactos e negociacións con patrocinadores e colaboradores e será agora a partir do mes de febreiro cando comenza a laboura de contacto coas empresas e entidades interesadas en acudir a esta importante cita náutica, única destas características en todo o norte de España.

De feito, xa poden confirmar que nesta edición haberá stands de importantes fundacións, como é o caso da Fundación TITANIC e tamén estará participando a destacada Fundación EXPONAV (Fundación para el Fomento del Conocimiento de la Construcción Naval y de las Actividades Marítimas) ubicada en Ferrol a cal, ademáis de información sobre a súa actividade no propio stand, disporá na zona de exposicións de impresionantes maquetas navais relacionadas con tipos de barcos mercantes e que se unirá así as demáis entidades, museos e asociacións que tamén seguirán este ano ocupando espazo nunha das zonas más visitadas da Feira Náutica.

Contactos internacionais

Tamén se está en contacto con distintas empresas francesas e nacionais, despois de acudir aos eventos náuticos de París, La Rochelle e Barcelona, esperando que as negociacións poidan dar frutos e sexa necesario a ampliación das instalacións que en 2018 chegaron a máis de 1.200 M2 baixo carpa.

Importantes patrocinadores

En canto aos patrocinadores-colaboradores, xa están confirmados, a Deputación da Coruña que volta a confiar en FENAUCAM de forma inda máis destacada que o ano pasado, así como ABANCA, a espera de pechar a colaboración da Xunta de Galicia que será tamén vital.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-xadrez-nautico-camarinas-segue-medrando/

Comentarios