A Travesía Náutica Xacobea pasará por Camariñas


Este verán arrinca a I Travesía Náutica Xacobea. Unha regata que ten dúas vertentes, a Sur polo Mediterraneo, que partirá desde o porto italiano de Génova o 15 de xuño; e a versión Norte, Atlántico, que o fará o día 4 de xullo desde Avilés, para saír co resto da flota o domingo 6 de xullo en Ribadeo, con embarcacións procedentes de Irlanda, Inglaterra e Francia.
Precisamente a ruta norte terá parada na Costa da Morte e será o porto de Camariñas, o único Club Náutico con Bandeira Azul da zona, o que acolle á Travesía.
Os barcos participantes arrincarán na concentración de saída o 4 de xullo desde Avilés, para saír co resto da flota o domingo 6 de xullo en Ribadeo con embarcacións procedentes de Irlanda, Inglaterra, Francia, para ir descendendo seguindo este itinerario ata as Rías Baixas, pasando por Ortigueira, Ares, Camariñas, Portosin e Ría de Arousa. Ten un percorrido de preto de 210 millas náuticas.
A parada camariñá será o martes 8 de xullo. Chegarán arredor das 20:00h e sairán o día 9 ás 10:00h.
Travesía
A primeira Travesía Náutica Xacobea é unha das actividades centrais do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asides a Santiagse e poderase realizar como peregrino - tripulante, ben nunha ou varias etapas ou realizando todas, ademais das propias embarcacións inscritas na travesía.
Un dos obxectivos 'do camiño' aberto a embarcacións de vela e motor, é poder unir distintos pobos e portos coa tradición Xacobea, mediante o desenvolvemento e a educación de todas aquelas persoas con ganas de coñecer e achegarse ao mar. O Comité Organizador prevé unha participación superior ás 170 persoas.
Este proxecto xorde da idea de rememorar, en certa medida, a peregrinación de San Francisco de Asides e a Traslatio do apóstolo a Compostela por mar. Así, desenvolverase en dúas rutas náuticas: a Atlántica e a Mediterránea, con saída de Riabadeo e Génova, que confluirán en Ríaa de Arousa (Galicia), en navegación, e posteriormente ata Santiago de Compostela por terra.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).