Abertas as inscricións para a Camiñata do Encaixe no Camiño

11:40 25/08/22
A vindeira fin de semana do 2, 3 e 4 de setembro, Camariñas vivirá unha nova edición do proxecto Encaixe no Camiño. A Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas ofrece unha variedade de actividades, entre a que destaca a Camiñata do domingo 4.
Terá saída, ás 9:30h dende a Praza do Mercado, para acompañar ao Rei Alfonso IX ata Cereixo, facendo paradas con representación teatral en Xaviña e Cereixo. A volta será en autobús para as persoas inscritas.
Podes inscribirte xa nos 647398023–662488253.