Domingo. 28.02.2021
El tiempo

O alumnado da USC fará as prácticas realizando os vídeos da Mostra de Encaixe Virtual

  • A Mostra busca modelos
reunion audivisuales recorte
No encontro participaron as alumnas, Rosario Mourille, Noelia Fernández e Ángela Vanessa); o seu titor, Iván Puentes; a concelleira da Mostra, Encarna Liñeiro; e a directora do evento, Dolores Lema.Busca Modelos
O alumnado da USC fará as prácticas realizando os vídeos da Mostra de Encaixe Virtual

De cara á Mostra do Encaixe Virtual desta Semana Santa, o Concello de Camariñas segue movendo fíos. Vén de conseguir un convenio coa UDC para a realización dos vídeos do certame de Jovenes Deseñadores para esta edición telemática centrada na promoción da artesanía local.

Deste xeito, os alumnos e alumnas do grao de Comunicación Audiovisual da Universidade da Coruña (UDC) farán as prácticas na realización dos vídeos da segunda Mostra Virtual. As gravacións comezarán en breve e levaranse a cabo en diferentes localizacións do Concello de Camariñas coa finalidade de promocionar a aplicación do encaixe na moda e a vangarda a través das coleccións dos Jóvenes Deseñadores e á súa vez as paisaxes do municipio.

Busca de modelos

Actualmente a organización da Mostra do Encaixe está a buscar modelos de Camariñas para participar nos vídeos e calquera persoa que estea interesado ou interesada en participar pode comunicalo por correo electrónico en [email protected] ou no teléfono 653 265 529.

Novas relacionadas

comentarios