Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O alumnado do cole de Camariñas realizou unha completa xornada medioambiental con Mar de Fábula

Exif_JPEG_420
O alumnado do cole de Camariñas realizou unha completa xornada medioambiental con Mar de Fábula

Continúa o programa da Asociación Mar de Fábula, subvencionado pola Deputación, para sementar boas prácticas e sensibilidade na xente nova na defensa do mar. Desta volta, foi un grupo de 15 nenos e nenas de 3º de Primaria do CEIP O Areal de Camariñas, os que se achegaron á praia de Camelle para aprender nunha completa xornada medioambiental.

Primeiro, durante 1 hora e 30 minutos, entusiastas e participativos,, o escolares apañaron todos os anacos de lixo mariño espallados en 200 metros de lonxitude da praia.

Exif_JPEG_420

A xornada non queda na mera limpeza, senón que despois proceden á separación por fraccións e reconto, sendo o seguinte o resultado da infame colleita: Botellas plástico (14), Cordas e cordeis (105), Envases e bolsas de plástico, enteiros e rotos (44), Madeira procesada (14), Anacos de vidro (5), Anacos plástico ríxido (48), Lixo retrete (24), Cartóns (21), Máscaras (5), e moitos plástiquiños.

Ao remate da limpeza, andando uns poucos metros, o grupo de escolares entrou nas instalacións de Mar de Fábula onde merendaron na terraza e logo, non interior, despois dunha minicharla de situación sobre as causas e efectos da contaminación do lixo plástico no mar, déuselles luz verde para coller todos os anacos de lixo plástico estibado baixo as grandes mesas de traballo e poñer a voar as súas mentes creativas de figuras fantásticas.

Ás 13:30 horas, co autobús á espera, os cativiños, moi contentos, regresaron a Camariñas.

Exif_JPEG_420

Novas relacionadas

Comentarios