Mar de Fábula artella obradoiros artísticos con crebas para a rapazada de Camelle
Durante os sábados do verán e co apoio dunha subvención da Deputación Provincial da Coruña para levar adiante actividades ambientais, o Colectivo Mar de Fábula está a organizar obradoiros artísticos para os nen@s de Camelle e visitantes, poñendo á súa disposición toda a miscelánea de lixo plástico, limpo e preparado, resultado das nosas limpezas de praias e que teñen estibado, baixo dúas grandes mesas de traballo, no local da asociación.
Seguindo a dirección experimentada e creativa de dúas monitoras contratadas ao efecto, toda a cativada participante nestos obradoiros pon a súa imaxinación a voar construíndo animais fantásticos, barcos, avións e todo tipo de artefactos porque os anacos de lixo plástico ríxido teñen esa única virtude, ser reutilizables en composicións artísticas contra a súa acción demoledora de contaminantes dos océanos.
Cando o tempo o permite, realizase tamén unha limpeza previa na espléndida praia de Camelle, xusto diante do local de Mar de Fábula.
O obxectivo destas actividades prácticas, entreveradas coas minicharlas ambientais dos técnicos de Mar de Fábula é que a nosa xente noviña disfrute unha parte do seu tempo libre do verán dunha maneira creativa, ao tempo que vaise sementando neles información e pautas de comportamento orientadas ao seu futuro de persoas críticas e responsables no mundo que lles agarda.
Para toda información e inscrición sobre estos obradoiros dirixirse ao email: [email protected].