Venres. 04.10.2024
El tiempo

Ampliada a estrada de acceso ao lugar de Pións

O Concello valora a alta taxa de reciclabilidade da veciñanza
antes e despois do asfaltado en Pions-Camarinas
Antes e despois do asfaltado da estrada de Pións
Ampliada a estrada de acceso ao lugar de Pións
Os operarios do Concello de Camariñas levaron a cabo unha obra de mellora da seguridade viaria nunha estrada da parroquia de Xaviña, en Pións, que consistiu na ampliación da vía e no posterior asfaltado desta.
 
A plataforma era moi estreita e o obxectivo era ampliala para facilitar o paso dos vehículos e a súa convivencia cos peóns en condicións seguras. Para iso executouse un retranqueo de metro e medio dun muro colindante á vía. 
 

Reciclaxe

O Concello saca peito tras analizar os datos de recollida de envases lixeiros que recolle Ecoembes. A veciñanza camariñá recicla dous puntos por enriba da media galega, no marco dos dous convenios coa entidade medioambiental: para incrementar os contedores de envases lixeiros e os de papel-cartón e para mellorar a recollida no sector HORECA (Hostalería, Restauración e Catering).
O Concello de Camariñas rexistrou unha taxa de recollida de envases lixeiros do 14.10 quilos por habitante, unha cifra dous puntos superior á media galega que se sitúa nos 12,90 quilos por habitante.
 
Outro dato interesante que apunta o Concelleiro Sergio Caamaño, é que a taxa de impropios que recibe cada contedor (é dicir o que se bota no contedor equivocado) é moi baixa, de 21,63 quilos por habitante, mellorando así a media galega, de 26,2 quilos por habitante, e a española, que alcanza os 26,3 quilos por habitante.
 

Comentarios