A artista Elesky, unha das caras invitadas á nova edición do PonteFriki
15:35 27/01/26
Elesky fará maxia co seu teclado na Ponte do Porto. A artista e influencer (370k seguidores en Instagram) de Xixón, dará un concerto o 14 de marzo as 17:30h no PonteFriki. Autodenominada “friki” dende que ten lembranzas, esta muller cun don especial, o oído absoluto, será unha das caras máis coñecidas desta nova edición do evento friki máis divertido da comarca.
Como anunciamos xa en novembro, a terceira edición do PonteFriki encherá a vila camariñá de frikadas a fin de semana do 14 e 15 de marzo. Ademais e como novidade, tras o éxito da primeira edición, este ano duplicarase o aforo do recinto, añadindo dúas carpas máis ao pavillón polideportivo de Ponte do Porto.
A organización ten ademais en marcha un concurso de relatos.
