xoves. 01.05.2025
El tiempo

As dedicacións levantan suspicacias en Fisterra e Camariñas

As dedicacións levantan suspicacias en Fisterra e Camariñas

Son días importantes nos plenos municipais. As aprobacións, ou non, das dedicacións exclusivas empregarán unha importante, ou non, partida presupuestaria para as arcas municipais, pero sobre todo, son unha mostra da liña que queren levar os novos e vellos alcaldes. Domingo Guerra tennos analizado a situación dos soldos dos alcaldes na última lexislatura, e desta volta, xa vimos a polémica xurdida en Cee, e hoxe imos a ver como foron os plenos de Fisterra e Camariñas e como quedaron as súas dedicacións.

Dúas dedicacións en Fisterra

Imaxe do pleno de investidura de Fisterra-Foto-Dario Gomez

Saíron aprobadas as dúas dedicacións que propuña o novo grupo de goberno de Fisterra. O alcalde, José Marcote, do PSOE, recibirá 40.000€ ao ano, mentres o voceiro do BNG e concelleiro de Servizos, Kuka Sar, recibirá 27.612€. Son un total de 67.000, un 5% anterior corporación que chegaba a 72.000 euros. A oposición considerou que non son cifras que demostran un camiño de cambio, a pesar de que o PP votou a favor pois o PSOE o fixera na última lexislatura.

Caso aparte merece o tema do Semáforo, co PP marchando do pleno ante a petición do grupo de goberno de contratar un asesor para retomar a concesión paralizada tralo escándalo protagonizado polo anterior goberno ca licitación supostamente irregular. Ao final, a contratación dunha asesoría para estudar o caso foi aprobada cos votos de PSOE e BNG.

Dúbidas en Camariñas

O pleno extraordinario celebrado en Camariñas arpobou 4 dedicacións exclusivas e as retribucións dos concelleiros do PSOE. O PSOE aprobou un gasto político de 109.981,12 euros, O BNG votou en contra, considerando que “non son tempos de subida de soldos cando a poboación de Camariñas mingua, e mentres o noso concello ten unha débeda da viva coas entidades bancarias de 1.665.000 euros e unha débeda por habitante de 288 euros e ocupa a posición 2663 (As posición van do 1 ao 8188) no ranking de concellos máis endebedados”.

Por iso piden “xustificar detalladamente cales son os traballos que realizan as catro persoas con dedicación exclusiva a prol dos vecinos e veciñas de Camariñas”.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios