As primeiras estampas de Nadal


Serve sempre a ponte da Constitución para ver as primeiras estampas de Nadal. E así se puido comprobar en Lires, onde os membros da Asociación Pedras Miúdas inauguraron unha estupenda árbore feita de materiai reciclados.
Mentres, outros concellos xa van presentando os seus programas de Nadal, sempre centrados nos máis peques.
Programa de Nadal en Vimianzo
Por Vimianzo, onde xa abriron o prazo dos dinamizadores concursos de Nadal, preparan un nadal completo, con maxia, teatro, música, festas e deporte.
A primeira gran cita será a IV Gala Solidaria que terá lugar o 17 de decembro na Casa da Cultura.
O 18 será día de videoconferencia con papanoel, e o 23 toca festa co Apalpador.
O Concello abre ademais un programa de conciliación para levar os nenos os días 26, 28, 29 de decembro e 2, 3 e 4 de xaneiro a uns talleres.
Para xaneiro, as citas grandes serán a Cabalgata de Reis que volverá percorrer todas as parroquias, e mais o IX Duatlón de Reis, unha cita ineludible para os amantes do deporte.

Programa en Camariñas
O espírito do Nadal xa chegou a Camariñas, coa acendido das luces. Pero ademais en Camariñas haberá este días da boa música de Marifaltri, Píscore e Xoan Curiel, maxia de Dani García e Kiko Pastur e, coma no pode ser doutro xeito, emocionarémonos coas historias de Gazafelhos, Charo Pita e Pallasos en rebeldía. O Concello de Camariñas organiza 10 eventos en todas as parroquias do municipio agardando que sexan agrado dos nenos e nenas e da familia que os acompañe.

Programa de Nadal en Carnota
Tamén está aquí a programación de actividades para este nadal que organiza o Concello de Carnota, dende os departamentos de Cultura, Turismo, Deportes e Normalización Lingüística.
As citas comezan o 17 de decembro cunha Andaina Saudable polo Museo Aberto, ás 10.00 h. Para todas as idades (con inscrición previa).
O 18 será o da Entrega de premios do XI Concurso de postais de Nadal cos mellores desexos, ás 11:00 h no Salón de Actos do Concello.
O 20 de decembro toca Concerto da Escola Municipal de Música no local de Pedramar no porto do Pindo, ás 19:00 h.
O 22 será o primeiro dos Venres Lúdicos, de 16:30 a 18:30 h, na Biblioteca Municipal (lembramos que é unha actividade pechada para os/as nenos/as xa inscritos/as).
Outra das citas singulares será o Roteiro interxeracional polas nosas parroquias (O Pindo e S.Mamede), dentro do proxecto “Coñece Carnota”. será o 26 de decembro, e será Camiñada saudable pola mañá, para nenos/as e xente maior, que inclúe un encontro interxeracional de contos, lendas, historias…
O 27 de decembro toca Contacontos “Babamor”, con Larraitz Urrutxola, ás 11:30 h no salón de actos do Concello.
O 29 de decembro haberá unha Excursión á Coruña para patinar sobre xeo e visita á Domus e Aquarium. Sairemos dende o Concello de Carnota en bus ás 10:00 h da mañá, e estaremos de volta sobre ás 19:30 h. Cada neno/a (de entre 6 e 15 anos) debe levar a súa comida e merenda. Teñen que ter xa a autorización e o pago realizado.
Tamén os 29 e o 30 de decembro haberá novos Roteiros interxeracionais por Lariño e Lira e por Carnota.
Xa o 3 de xaneiro, haberá sesió de Monicreques con “Títeres Alakrán”, ás 11.30 h no salón de actos do Concello.
Para pasar o día 4, toca Xogos de mesa, ás 11:30 h na Axencia de Lecturas Municipal (inscrición previa)
A a traca final será Gran festa do 5 de xaneiro con animación e discoteca móbil a partir das 5 da tarde no pavillón de Carnota. Ás 19:00 h, chegarán as súas maxestades os Reis Magos de Oriente, para atender a todos os nenos e nenas de Carnota.
Nadal 17
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).