Mércores. 23.10.2024
El tiempo

Un avión da Segunda Guerra Mundial arderá na Lumarea de Camariñas

  • A Asociación Lumarea de Camariñas homenaxea este ano ó Condor alemán que caía nesta mesma praia, Area da Vila, o 13 de agosto de 1943
  • Esta fin de semana de San Xoán, a Praia Area da Vila acollerá actividades durante o sábado e domingo, que rematarán co acendido a medianoite da espectacular réplica de 24 metros de ancho e 18 de largo deste Cóndor alemán.
Un avion da Segunda Guerra Mundial a Meirande Lumarada de Galicia-Camarinas
Un avion da Segunda Guerra Mundial a Meirande Lumarada de Galicia-Camarinas
Un avión da Segunda Guerra Mundial arderá na Lumarea de Camariñas

Que burrada o que fan por Camariñas. Despois e moitas semanas de traballo, a Asociación LumArea colocou fai uns días o proxecto deste San Xoán 2024, volvendo facer da cacharela camariñá unha das maiores de toda Galicia.

avion segunda guerra mundial camarinas

Este ano é unha homenaxe ó sucedido o 13 de agosto de 1943 nesta mesma praia. Un bombardeiro americano B24 derriba en Camariñas a un Condor alemán do KG 40, que caía nesta mesma praia de Area da Vila, planeando entre o millo ata dar cunha duna. O Condor estaba pilotado por Oberleutnant Günter Seide; tanto el coma a súa tripulación salváronse e foron repatriados inmediatamente. O avión foi desmontado e, as pezas, trasladadas á mestranza aérea de León. O B24 pertencía ó Primeiro esquadron do 480 grupo antisubmarino, capitaneado polo Tenente McKinnon.

O ceo da Costa da Morte tamén sufriu a Segunda Guerra Mundial e, coa instalación desta réplica na praia Area da Vila, homenaxéase tamén ós seus habitantes, que en varias ocasións eran os primeiros en socorrer ós supervivintes, alleos ó idioma ou ós riscos que podía supoñer aproximarse ás armas ou ideoloxías nese contexto.

3 días de actividades

Máis alá da queima da “Lumarea”, este ano haberá dous días de festa onde non fallarán nin a tradicional sardiñada gratis nin a maior traca da historia, xunto con actividades para todos os públicos e gustos

Arrancarán as actividades a noite do sábado 22 de xuño coa “Festa da Xuventude”, un evento no que o Grupo Bomba estará acompañado pola Macrodisco Impacto xunto cos mellores DJ do momento: Son1c, Omy Cid, Marcos Magán e DJ Mouzo.

O domingo 23 as actividades comezarán ás seis da tarde cunha festa infantil con inchables acuáticos. Desta hora comezará tamén a tradicional sardiñada con broa e cachelos, totalmente gratuíta para todos os asistentes, amenizada polo Tren da Unha xunto e tres das charangas máis coñecidas do panorama: Charanga Europa, Charanga Lou Band e Mekánica Rolling Band.
A medianoite dará inicio a traca máis potente, 300 ducias de bombas e fogos de artificio (con sorpresa incluída) que acompañarán o encendido da maior Lumarea de Galicia.

Comentarios