Sábado. 27.07.2024
El tiempo

O BNG reclama no Parlamento novas liñas de axudas urxentes para as mariscadoras de Camariñas

Oscar insua no Parlamento
Oscar Insua na Comisión do Parlamento
O BNG reclama no Parlamento novas liñas de axudas urxentes para as mariscadoras de Camariñas

Dende 2019 a perda de produtividade dos bancos marisqueiros de Camariñas son unha crúa realidade. Nos últimos 6 meses as mariscadoars levan aumentando as súas queixas, solicitando axudas para poder manter os 100 postos de traballo que xera esta actividade, 50 persoas que traballan a pé e outras 50 que o fan nas embarcacións de a frote.

O asunto chegaba onte á Comisión 8ª de Pesca e Marisqueo da Xunta de Galicia, onde o deputado do BNG da Costa da Morte, Oscar Ínsua reclamaba novas liñas de axuda urxentes e específicas, ademais de instar á Xunta a proporcionar este ano 2024 a semente necesaria para recuperar os seus bancos marisqueiros.

Neste senso, Ínsua convidou aos responsables de conceder as axudas a “poñerse na pel das mariscadoras” se teñen que esperar seis meses ou un ano para poder mercar a semente para poder traballar. Interpreta a posición do Goberno do PP como unha “absoluto abandono e falta de confianza coa comarca e coa Confraría de Camariñas”.

Constatou que o sector do marisqueo en Camariñas leva máis de cinco anos sen poder ter un salario digno e tres anos sen coller nada, “esperando unha resposta de acción da Xunta de Galiza que reverta a situación que están a padecer a Confraría Virxe do Monte”, que calificou de “escenario de penuria”.

Deu datos: “Dunha produción total de bivalvos no ano 2019 de case 37.000 quilos, o descenso é acusadísimo no 2020, cunha produción total aínda non 8.000 quilos, e no ano 2023 a produción apenas supera os 4.000 quilos”, relatou.
O berberecho é o mellor exemplo: “pasou de ser a especie de bivalvo de maior produción no ano 2019, con 33.700 quilos, a caer ata os 19.500 ao ano seguinte e, sorprendentemente, a ter unha extracción de cero quilos no 2021, no 2022 e no 2023”. Advertiu que o berberecho desapareceu da ría de Camariñas e ocorre o mesmo coa produción de ameixa babosa, con practicamente “cero quilos de extracción desde 2021”. No caso da ameixa fina e xaponesa, “o seu descenso máis acusado prodúcese desde o ano 2022”, lamentou.

Axudas

Certo que é que Consellería publicou en data 1 de febreiro de 2024 a concesión directa de axudas de carácter extraordinario destinadas a garantir a sustentabilidade da actividade marisqueira. Unha cantidade única de apenas 500 euros que para o BNG “en realidade foi aprobada para comprar votantes tres días antes das eleccións”.

“É imprescindible que haxa cartos para rexenerar a ría e para ter traballo, para sementar futuro, non para darlles unha paguiña e estar sen traballar”, rematou.

Novas relacionadas

Comentarios