Venres. 26.04.2024
El tiempo

Caballero tamén fai campaña na Mostra

Gonzalo Caballero-111021
Caballero tamén fai campaña na Mostra

Visitaba a pasada semana Valentín González Formoso en clave de campaña para as Primarias do PSdeG. Este luns 11 de outubro tocoulle ao actual voceiro parlamentario do PSdeG, Gonzalo Caballero, achegarse ata Camariñas para visitar a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña da man da alcaldesa, Sandra Ínsua, e á concelleira de Encaixe, Encarna Liñeiro.

Dende alí, o voceiro socialista puxo en valor o encaixe como unha actividade “de referencia” que “dá posibilidades de futuro" á vila, así como "crecemento económico” aos municipios da contorna. “Trasladamos todo o apoio das e dos socialistas galegos para que a mostra continúe sendo unha referencia da artesanía e da tradición local”, subliñou Gonzalo Caballero.
Neste senso, sinalou a importancia de que esta tradición continúe no tempo, xa que “é un xeito de construír país” e amosou “o noso compromiso coa cultura galega e cunha tradición cun enorme arraigo” que é recoñecida nacional e internacionalmente.

Comentarios