Arte, tradición e vangarda danse cita na Mostra

Acapara toda a atención a XXX Mostra do Encaixe de Camariñas Deputación da Coruña nesta ponte de outubro. Todas as miradas ollan os desfiles, os encontros de palilleiras, os certames…
Por exemplo, a gran novidade deste ano, o desfile de ‘ArtEncaixe’ que fusionou tradición e innovación sobre a pasarela durante a xornada sabatina. Foron 11 os e as participantes que aplican o encaixe nas súas pezas de artesanía: Amorote Workshop, Ana Miguens, Charo López Atelier, Egueire ONG, Estilo Aramar, Janet Schulz, La Parabólica de Julia de la Cal, Noelia Peña, Pilar Rodríguez de ‘En Lá’, Silvereia e Xelis Luaces. “É unha aposta máis que facemos desde a Mostra para continuar coa nosa filosofía de que o encaixe ten múltiples aplicacións e é un elemento que da un toque diferencial a calquera peza”, explicou a concelleira do Encaixe, Encarna Liñeiro.
Artencaixe
Durante o sábado tamén se levaron a cabo os primeiros pases do XXVII concurso de Noveis Deseñadores, no que se repartirán un total de 4.500 euros en premios e participan 24 mozas e mozos que están a dar os primeiros pasos no mundo da moda.
E non faltaron os ‘Grandes Deseñadores’, que nesta ocasión son: Amaya Fernández, Ana Cabranes, Bikkos, Claudina Mata, Dolores Cortés, Edith del Valle, Esteban Freiría, José Mateos, Lalacó Atelier, Sara Lage, e María Campaña, firma local.
Desfile de Noveis
Desfile de Grandfes Firmas
A xornada sabatina pechouse coa presentación da ‘Xira no Camiño’ da orquestra París de Noia, que encheu de música o Porto de Camariñas cun concerto especial para XXX Mostra do Encaixe.
Carlos Bardullas
Un nome que brillou por riba dos demais esta fin de semana foi Carlos Bardullas que, coma sempre, volveu a sorprender coa súa colección de tocados imposibles con motivos sociais. “Sentimentos e emocións’ é o nome que escolleu o estilista, natural da Ponte Porto, para titular o desfile.
O desfile ademais dividiuse en tres partes. A primeira, ‘Son do Mar’, inspirada en Camariñas e nas súas xentes e representadas polas pezas ‘Alga’, ‘Concha’ e Brisa do Mar’. A segunda, en homenaxe ao colectivo LGTBI, o estilista internacional ofreceu unha performance en vivo onde reivindica a tolerancia, o respecto a empatía, a xustiza, o amor, a diversidade e a liberdade de pensamento e de sentir.
Nunha terceira, a maxia, as emocións e os sentimentos uníronse para formar esta nova colección representada por ‘Pasión’, ‘Fortaleza’, ‘Armonía’ e ‘Euforia’.
A tarde dominical continuou con novos desfiles de Grandes Deseñadores da man das Amaya Fernández, Ana Cabranes, Bikkos, Claudina Mata, Dolores Cortés, Edith del Valle, Esteban Freiría, José Mateos, Lalacó Atelier, Sara Lage, e María Campaña, firma local.
O peche foi coa segunda tanda do Certame de Noveis Deseñadores.
Luns e martes
Non acaba aínda a Mostra que continúa viva ata a ponte. Hoxe luns as protagonistas serán as palilleiras de toda a vida, ademais dos comercios, que vivirán a presentación da súa nova plataforma de venda online.
RELACIONADOS
- Arrincou “a edición máis esperada” da Mostra do Encaixe, "unha das pasarelas máis importantes de España”.
- A plataforma de venda online para o comercio local, ‘MerCamariñas’ presentarase na Mostra do Encaixe
- Consulta o Programa da Mostra do Encaixce 2021.
-
Máis de 60.000 persoas visibilizaron os produtos dos 12 comercios de encaixe de Camariñas
-
Mostra do Encaixe Virtual: A vea comercial que mantén viva una artesanía centenaria
-
O Museo do Encaixe, entre os museos máis relevantes de Europa no sector da artesanía
-
A primeira Mostra do Encaixe Virtual chegou a máis de 230.000 de todo o mundo
-
O relevo xeracional, protagonista nunha Mostra de Encaixe de tradición e vangarda