Calcinada parte dunha nave tras un lume en Xaviña
Esta mañá sabatina parte dunha nave, e catro vehículos, dúas motos e unha carretilla elevadora, quedaron calcinada tras un incendio no lugar da Piosa, en Xaviña, Camariñas.
Tras ser alertados polo 112, ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Cee. Debido a importe carga de lume e tamén que había moito combustible líquido foi necesario movilizar os Bombeiros de Santa Comba e a P.C. de Camariñas e Muxía para colaborar nas tarefas de extinción que foron moi complicadas e de moito esforzo físico.
Unha vez finalizada a intervención, os servizos de emerxencia confirmaron que a nave ardeu por completo e que un dos efectivos dos equipos de extinción tivo que ser atendido no lugar dos feitos polos profesionais sanitarios.
Co fin de aclarar as circunstancias do suceso, a Garda Civil comezou unha investigación.
Incendio urbano EN Xaviña, Camariñashttps://t.co/eTCYOVzro0 pic.twitter.com/AEEhVPU8vQ
— Quepasanacosta (@quepasanacosta) October 12, 2019