Mércores. 30.11.2022
El tiempo

Camariñas acolle un curso gratuíto en competencias dixitais para mulleres

  • O Concello retoma os obradoiros de memoria para maiores
Muller Dixital CAMARIÑAS
Camariñas acolle un curso gratuíto en competencias dixitais para mulleres

O Concello de Camariñas acollerá un curso gratuíto en competencias dixitais para mulleres. A presentación terá lugar o venres 11 de novembro ás 16:30 horas na pranta baixa da Casa de Pedra e os requisitos para participar son:
ser muller e estar en situación de desemprego ou inscrita como demandante de mellora de emprego.

As participantes recibirán formación en competencias dixitais e, ademais, levaranse unha tablet de agasallo. Para máis información as interesadas poden consultar en www.mullerdixital.gal , escribir a [email protected] ou no teléfono 621 180 898. Muller Dixital é un programa financiado con fondos Next Generation da Unión Europea e promovido pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade.

Obradoiros de memoria

O Concello de Camariñas retoma os Obradoiros de Memoria tras dous anos de parón por mor da pandemia da COVID-19. A veciñanza interesada aínda pode inscribirse ata completar os grupos, achegándose á Casa de Pedra, en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres e presentando o Documento Nacional de Identidade.

Onte desenvolverase a actividade na Casa do Alemán, en Camelle, onde se deron cita un total de 19 veciñas e veciños. En Camariñas será o vindeiro martes, día 8 de novembro, no Centro de Iniciativas Empresariais. En total,
máis dunha trintena de persoas participan nesta iniciativa, que o Concello impulsa para estimular a memoria e tratar problemas de índole cognitiva.

comentarios