Venres. 26.04.2024
El tiempo

Camariñas celebra o 25N no IES Pedra da Aguia

25N IES Pedra da Aguia Rapaces
Camariñas celebra o 25N no IES Pedra da Aguia
Con motivo da celebración do 25 N. o alumnado da materia de Oratoria de 3º de ESO leu un manifesto elaborado por eles e coordinado pola súa profesora na que amosaron a súa repulsa contra calquera violencia de xénero, unha lacra que segue a provocar numerosas vítimas e que se pretende erradicar da sociedade concienciando xa dende idades tempranas da necesidade de promover a igualdade e o respecto entre as persoas.

Ao acto asistiron varios membros da corporación camariñana, encabezados pola súa alcaldesa, Sandra Ínsua, quen agradeceu a colaboración do Instituto.

O broche final o puxo o alumnado de 2º da ESO, entonando a coñecida melodía de Guadi Galego, “Recoñecéndome”.

Música

25N IES Camarinas Concello

OUTRAS NOVAS SOBRE O 25N

Comentarios