Camariñas, Fisterra e Corcubión únense á Rede CeMIT para reducir a fenda dixital

09:10 24/01/11

Obxectivos
A Rede de Centros de Modernización e Innovación Tecnolóxica configúrase como o instrumento fundamental para promover a alfabetización dixital da sociedade galega. Ademais de fomentar o uso das TIC entre a poboación con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, tamén promoverá a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrará ás pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información. A Rede tamén difundirá os servizos da Administración electrónica e capacitará aos cidadáns para empregalos.Colaboración coa Fegamp
A Rede CeMit ten a vocación de achegar os contidos e os servizos tecnolóxicos en igualdade de oportunidades a todos os galegos. Con este obxectivo a Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica e a Federación Galega de Municipios e Provincias asinaron o pasado mes de abril un acordo para difundir, promocionar e potenciar a Rede, co obxectivo de que os concellos se sumen á iniciativa para que o novo modelo acade o maior ámbito xeográfico, institucional e social posible.Novas relacionadas
- 8-11-10: Novos Axentes TIC para dinamizar as aulas de informática en Camariñas, Corcubión e Fisterra.
- Novos cursos de informática en Ponteceso pola alfabetización dixital.
- Ponteceso forma pequenos e maiores usuarios da rede.
- A Biblioteca dos Muíños recibe o Premio ás Boas Prácticas.
- As mulleres de Zas buscan emprego por internet.
- Laxe tamén traballa pola alfabetización dixital.
- A Costa da Morte no corazón das TIC galegas.
- A Costa da Morte á cola da implantación de Internet en Galicia.
Fonte
- Nota de prensa da Xunta.