Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Ponteceso forma pequenos e maiores usuarios da rede

Ponteceso forma pequenos e maiores usuarios da rede
O Concello de Ponteceso si que é un dos que mellor traballar para facer máis pequena a fenda dixital entre os nativos e os inmigrantes dixitais. Estes meses estanse desenvolvendo clases de iniciación a internet para maiores, pero tamén para cativos. Nas aulas de Corme e Ponteceso para maiores, participan 40 alumnos e alumnas, que reciben formación inicial sobre internet: Navegación en páxinas web, redes sociais, correo electrónico, etc. Ademais, no curso de informática didáctica para nenos de 4 a 6 anos participan uns 50 nenos de Corme e de Ponteceso, que reciben formación inicial sobre o manexo dun PC, e tamén formación adecuada a súa idade, a través do ordenador e sistemas multimedia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Ponteceso, da man de Oscar Rey.

Comentarios