Xoves. 02.05.2024
El tiempo

As mulleres de Zas buscan emprego por internet

As mulleres de Zas buscan emprego por internet
Nas últimas semanas estamos recibimos unha morea de actividades que artellan os concellos da bisbarra pola alfabetización dixital. Concepto necesario, como dicimo, para reducir a fenda entre inmigrantes e nativos dixitais. Dise que os nativos son aqueles menores de 25 anos (aproximandamente) que xa naceron cun aparello electrónico debaixo do brazo. Mentres que os nativos somos aqueles que fomos reciclándonos pouco a pouco Se xa vimos como traballan os cursos de informática por Ponteceso, Laxe ou Vimianzo, hoxe coñecemos como van os cursos en Zas, onde o proxecto Zas Dixital segue en marcha.

“Novas tecnoloxías e busca de emprego”

I é que onte finalizaba o curso “Novas tecnoloxías e busca de emprego”, concedido polo Servizo Galego de Igualdade a este Concello. Foron un total de 15 mulleres desempregadas as que aprenderon a utilizar as novas tecnoloxías para a búsqueda de emprego, unha práctica que xa utilizan millóns de persoas en todo o país. O obxectivo xeral de este curso era proporcionar as mulleres a adquisición de habilidades en novas tecnoloxías, e que esta ferramenta lles sirva as alumnas para a busca de emprego a través de internet. Os contidos ofrecidos neste obradoiro foron os seguintes: Internet. Principios básicos de navegación e o coñecemento, Manexo do correo electrónico, Mensaxería na rede, Introducción a administración electrónica, Busca activa de emprego por internet e un Módulo de Políticas de Igualdade.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Directora do CIM de Zas, Carmen Espasandin Lema.

Comentarios