Camariñas lembra cunha placa os 132 anos do afundimento do Serpet

Nestas semanas marcadas polo naufraxio do Prestige, Camariñas lembra tamén outro dos sucesos máis importantes da nosa historia. Este 10 de novembro de 2022 cúmprense 231 anos do afundimento do HMS Serpent, o do torpedeiro ‘HMS Serpent’ naufragaba na Punta do Boi, provocando que 173 persoas perderan a vida.
Dende a pandemia non se realiza aquela sentida homenaxe, ás 22:00h (hora do naufraxio), no Cemiterio dos Ingleses, pero o Concello non esquece a súa cita coa efeméride. Esta mañá, a alcaldesa Sandra Insua, e as concelleiras Encarna Liñeiro e Begoña Tajes achegáronse ao mesmo Cemiterio dos Ingleses, para realizar a tradicional ofrenda floral.
Este ano ademais, o Concello estrea unha placa conmemorativa cos nomes de todos os mariñeiros falecidos nesta traxedia.
Encarna Liñeiro explicou que “o obxectivo é que a historia non os esqueza” e adiantou que “agardamos colocar pronto tamén unha placa cos nomes dos náufragos do Trinacria e do Iris, pois os corpos dos falecidos neses naufraxios foron tamén soterrados neste cemiterio”.
ovas relacionadas
Novas do Serpent
- 2021: Unha singular ofrenda ao Serpent polo seu 131 aniversario:
- 2020: Camariñas non esquece o 130 aniversario do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 19: Camariñas aproveita o Serpent como reclamo cunha emotiva homenaxe e un completo programa.
- Homenaxe ao Serpent 2018: A RLNE non fallou a súa emotiva cita co Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2016: O Serpent: Unha homenaxe singular nun espazo singular.
- Homenaxe ao Serpent 2015: Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome.
- Homenaxe ao Serpent 2014: A Costa da Morte non esquece o Serpent.
- Miro Villar: O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.