Unha singular ofrenda ao Serpent polo seu 131 aniversario
- O paseo marítimo de Camariñas acolle unha exposición sobre naufraxios
Non se puido facer o sentido homenaxe ao Serpent que organizaba ata a chegada da pandemia a Real Liga Naval Española. Pero o Concello de Camariñas non quere esquecer a traxedia do Serpent, acontecida, hoxe 11 de novembro, hai xusto 131 anos.
Ata o Cemiterio dos Ingleses achegáronse esta mañá Sandra Insua, Encarna Liñeiro e Begoña Tajes achegáronse ao Cemiterio dos Ingleses para realizar unha ofrenda floral que conmemora o 131 aniversario do afundimento e que lembra todos os finados nas nosas costas.
Dende o Concello ademais lembran que o proxecto do Museo dos Naufraxios na Lonxa Vella segue avanzando.
Exposición no paseo
Este mércores 10 de novembro, inaugurouse no paseo marítimo de unha exposición ao aire libre sobre os naufraxios acontecidos na costa camariñana titulada ‘Camariñas, caderno de mar e naufraxios’, que está organizada polo Concello, coa colaboración da Deputación da Coruña.
Nos paneis pódense ver imaxes, recortes de prensa e outro tipo de documentación sobre os naufraxios como o do ‘City of Amiens’, o do ‘Yeoman’, o do ‘Nil’, o ‘Banora’, o ‘Isabelita’, o ‘Serpent’ ou o afogamento dun matrimonio de pescadores e incluso as novas da época sobre a inauguración do faro Vilán.
Novas relacionadas
Novas do Serpent
- 2020: Camariñas non esquece o 130 aniversario do Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 19: Camariñas aproveita o Serpent como reclamo cunha emotiva homenaxe e un completo programa.
- Homenaxe ao Serpent 2018: A RLNE non fallou a súa emotiva cita co Serpent.
- Homenaxe ao Serpent 2016: O Serpent: Unha homenaxe singular nun espazo singular.
- Homenaxe ao Serpent 2015: Un mar de arte para lembrar os 125 anos do afundimento que nos cambio o nome.
- Homenaxe ao Serpent 2014: A Costa da Morte non esquece o Serpent.
- Miro Villar: O naufraxio do HMS Serpent na novela Cadeas (Premio Xerais 2013) de Xabier López.