Mare de Invernía: Camelle volve unirse arredor dos Naufraxios

10:32 03/11/22
Volve convertirse Camelle na capital mundial dos naufraxios. E faino gracias á AC Naufraxios Galegos, que coa colaboración do Concello de Camariñas prepara unha fermosa fin de semana para o 10 e 11 de decembro. “Mare de invernía” é o nome deste novo ciclo, que traerá diferentes actividades arredor da cultura mariñeira.
Unha das citas máis esperadas é a estrea mundial do documental City of Agra, un pobo unido pola traxedia, realizada por Vizuals, que terá lugar o sábado 10 ás 18:00h no Museo de Man.
Ao longo da xornada haberá tamén Feira de Nadal no Campo do Santo (de 10:00h a 0:00h) e pola mañá realizarase un Roteiro histórico por Camelle en Homenaxe a José Baña Heim.
Para o domingo, ademais da feira, realizaranse ás 11:30h e 16:30h senllas visitas guiadas á exposición: City of Agra. 125 anos na memoria, no local da AC Naufraxios Galegos, rúa Principal n° 20.
Novas relacionadas
- Outubro 22: O City of Agra e o pobo de Camelle, obxecto dun documental.
- Xullo 22: O pobo de Camelle rescatou a súa historia.
- Outubro 21: O pobo de Camelle volcouse co emocionante programa cultural arredor do Naufraxio do City of Agra.
- Inauguración 2021: Camelle dá a benvida á maior conmemoración dos naufraxios galegos polos máis de 124 anos da catástrofe do City of Agra.
- Maio 2019: 122 anos do City of Agra. Camelle recuperou parte da súa historia salgada.
- Miro Villar: Efeméride: 120 anos do naufraxio do «City of Agra» e un poema de Antón Zapata García.