Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Camariñas levará a pleno un convenio coa Autoridade Portuaria para a cesión da estrada ao faro Vilán

estrada ao faro vilan
Camariñas levará a pleno un convenio coa Autoridade Portuaria para a cesión da estrada ao faro Vilán

Xa levan moito tempo estudando como arranxar o problema de tráfico no Faro Vilán, o único faro aberto de toda a Costa da Morte.

O vindeiro paso será a aprobación en pleno unha proposta para a aprobación dun convenio coa Autoridade Portuaria e que a estrada que conecta Camariñas co faro Vilán pase a ser de titularidade municipal. Será o primeiro paso para que a Autoridade Portuaria poida licitar o proxecto de arranxo da vía que, unha vez executado, pasará
a ser de titularidade municipal.


Para Sandra Insua “este é un avance moi importante para conseguir que ter nas mellores condicións o acceso ao Faro, un símbolo de Camariñas que sempre atrae a un número elevado de turistas”. A alcaldesa agradece á Autoridade Portuaria “a súa boa predisposición desde o primeiro momento que iniciamos as conversas para que este proxecto fose unha realidade”.

Novas relacionadas

 

Comentarios