Luns. 29.04.2024
El tiempo

Camariñas nomeará o seu campo de fútbol co nome de Vicente Carril

Vicente Carril pora o nome ao Campo de Camarinas
Vicente Carril no seu adorado campo
Camariñas nomeará o seu campo de fútbol co nome de Vicente Carril

Toda unha vida dedicada ao fútbol, ao seu Camariñas FC. E por fin o Concello vai render unha homenaxe á altura do que merece. O Concello pretende homenaxear a Vicente Carril bautizando co seu nome o campo de fútbol de Camariñas, que pasaría a denominarse ‘Campo Municipal Vicente Carril’.

A proposta, que se coordinou coa familia do presidente do Camariñas CF, levarase o 3 de novembro a un pleno extraordinario.

Carril é presidente e fundador do Camariñas desde o ano 1977, do que tamén foi xogador cando o equipo non estaba federado; aos seus 91 anos de idade é o presidente máis lonxevo e aínda activo do fútbol galego e nacional; foi secretario da confraría de pescadores, director do Instituto Social da Mariña e axente de seguros do mar; ocupou o cargo de Xuíz de Paz; foi presidente da comisión de festas do Carmen e presidente do Casino; un dos xerentes do Rialto, o primeiro cine do pobo; foi escollido Camariñán de Honra no ano 2022 e premiado pola Federación Galega de Fútbol no ano 2017 no apartado ‘Toda unha vida’.

A alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, destaca que “con esta iniciativa o nome de Vicente Carril Lema quedará unido para sempre á historia da nosa vila”. “Vicente leva con moita fachenda o nome de Camariñas por Galicia adiante, isto é o mínimo que se merece”, afirma.

Non esquecerá o Concello de onde vén o campo, , e o Concello colocará nas instalacións unha placa en agradecemento aos irmáns Patiño e á Igrexa pola cesión dos terreos en 1984: Alí poderase ler o seguinte texto: A Igrexa Parroquial de San Xurxo cede ao Camariñas C.F. o terreo denominado “As Galeras”, que lle pertence por herdanza de D.a Virginia Patiño Deschamps, sendo presidente D. Vicente Carril Lema. En agradecemento ás irmás Patiño e á Igrexa Parroquial de San Xurxo. Camariñas 2023.

Comentarios