Luns. 13.07.2020
El tiempo

Camariñas pedirá que a praia de Camelle se volva incluír Camelle no censo de praias aptas para o baño

Imaxe da praia de Camelle, na que está prohibido o baño pola calidade insuficiente das súas augas
Imaxe da praia de Camelle, na que está prohibido o baño pola calidade insuficiente das súas augas
Camariñas pedirá que a praia de Camelle se volva incluír Camelle no censo de praias aptas para o baño

Onte coñecíamos as 5 praias da Costa da Morte que teñen prohibido o baño pola calidade insuficiente das súas augas. Son 5 praias que ademais están fóra do censo pois levan máis de 5 anos con esa calificación e non se teñen realizado melloras de saneamento.

Unha é a praia de Camelle, aínda que as analíticas encargadas polo Concello arroxan un resultado de ‘boa’ na calidade das augas do areal.

O Concello camariñán lembra que “o pasado ano fíxose unha obra de adecuación da rede tras detectar que os sumidoiros dalgunhas vivendas particulares na rúa Nova e Porto estaban vertendo na recollida de pluviais, polo que remataban no mar”. Explican que a obra xa dá resultados, pero explica que “seguirán traballando para eliminar os sumidoiros das vivendas privadas que están a verter directamente ao mar”.

Por iso o Concello de Camariñas solicitará á Xunta de Galicia que volva a incluír a Camelle no censo de praias aptas para o baño. Pero en todo caso, a rexedora Sandra Inxua aclarou que “sabemos que a praia non se incluirá no censo de praias da Xunta de Galicia ata o próximo ano polo que a sinal de ‘auga non apta para o baño’ permanecerá durante este verán pero, para tranquilidade dos veciños e veciñas, engadiremos unha copia actualizada da analítica da auga que se realizará periodicamente por parte do Concello”.

Por último, destacou que “na outra praia do municipio que se atopa fóra do censo, que é a de Area da Vila, tamén se fixo recentemente unha obra de saneamento para solucionar os vertidos ao mar que se estaban a producir e intentar así mellorar a calidade da súa auga”.

Novas relacionadas

comentarios