Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As 5 praias da Costa da Morte esquecidas polas administracións nas que está prohibido o baño

  •  
Praia Virxe do Camino de Muros
A Praia Virxe do Camiño de Muros, é un dos 5 areais costeiros que teñen prohibido o baño permanentemente
As 5 praias da Costa da Morte esquecidas polas administracións nas que está prohibido o baño

Se a cara A das praias son as Bandeiras Azuis, a cara B pode vir representada por eses areais nas que a calidade da auga non recomenda o baño. Cada ano a Axencia Europea do Medio Ambiente dá conta desa calidade en función da presencia de bacterias fecais, prensentes nas nosas augas pola falta de saneamento en moitos puntos do litoral.

De feito, o actual mapa de zonas de Baño do Sergas mantén unha rotunda mensaxe de “prohibición permanente de baño” nas 5 praias que xa sufrían o ano pasado do mesmo problema: Camelle e Area da Vila (Camariñas), A Concha e Lires (Cee), Virxe do Camiño (Muros).

De feito, as 5 praias sofren “Clasificación sanitaria final insuficiente durante 5 tempadas consecutivas” polo que directamente quedan fóra do censo de estudo, ata que as administracións non tomen medidas de control. A de Lires cumpliu 5 anos o ano pasado, a muradá fíxoo este mesmo 2020, mentres que as outras 3 levan pechadas definitivamente dende 2016.

Como exemplo de boas prácticas podemos fixarnos na praia de Estorde, que hai dous anos tiña prohibido o baño e hoxe loce un distintivo de calidade excelente porque a administración fixo obras de mellora polo que se solicitou acollerse ao artigo 4,4b da Directiva 2006/7/CE que permite calcular a clasificación sanitaria cos datos obtidos despois de realizar as obras.

O resto de areais costeiros teñen calidade “Excelente” das súas augas, excepto algunhas que fican en calidade “Boa” como as de Arnados (Carballo), Arnela (Ponteceso), Sardiñeiro (Fisterra), San Pedro do Pindo (Carnota), ou O Cabo (Muros).

Novas relacionadas

Comentarios