Camariñas postúlase como epicentro das mobilizacións polo 8 de marzo

Despois do grandísimo éxito das mobilizacións e da folga feminista do pasado 8 de marzo dun histórico 2018, a loita feminista continúa.
Cas Buseranas e o Círculo Feminista de Carballo xa artellando iniciativas de cara a este novo Día da Muller, é o Concello de Camariñas o que quere postularse como novo epicentro comarcal da igualdade. Así convocan a toda a veciñanza da Costa da Morte a participar nunha manifestación comarcal pola igualdade partirá ás 17:00 horas do propio venres 8 de marzo, da estatua da muller en Camariñas.
A marcha estará encabezada por unha pancarta na que se poderá ler o slogan ‘A igualdade é unha necesidade’. Antes da saída a alcaldesa do Concello de Camariñas, Sandra Insua, lerá un manifesto e o coro de Camariñas cantará unha canción referente á muller. O percorrido da manifestación pasará polo paseo marítimo e a Estatua do Carme para volver outra vez ata a Estatua da Muller. A cada asistente se lle regalará unha camiseta morada co slogan da manifestación.
Novas relacionadas
- Novembro 18: As Buseranas pechan un histórico 2018 na loita feminista na Costa da Morte.
- Marzo 18: Como secundou a folga feminista a Costa da Morte.
- Marzo 18: 8 de marzo: A Costa da Morte saíu á rúa con máis forza que nunca.
- Viki Rivadulla: 25N: Isto tamén vai contigo.