Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas presenta un orzamento de case 5 millóns de euros

Camariñas presenta un orzamento de case 5 millóns de euros

O pleno do vindeiro 28 de xuño levará un punto importante, a aprobación do orzamento municipal 2021, semellante ao de 2019, o último aprobado. Un orzamento de 4,9 millóns de euros, no que aumentan en 151.874,71 euros as partidas sociais, ata os 750.000. Neste eido refórzase principalmente o Servizo de Axuda no Fogar (SAF).

Séguese mantendo o orzamento destinado á Mostra do Encaixe, formulada para outubro, co obxectivo de continuar cos esforzos por situar Camariñas como destino turístico e de por en valor aquelo que nos diferencia e as nosas tradicións como pobo.

No anexo de investimentos (347.33,66 euro) para o ano 2021 refléxanse actuacións moi demandas e necesarias para a veciñanza, destacando o proxecto de renovación da rede municipal de abastecemento de auga de Camariñas, a aportación municipal da obra para a reordenación da praza de San Xurxo ou o modificado da mellora de acondicionamento da rúa nova, entre outros.

As áreas de gasto correspondentes aos servizos públicos básicos ascenden a 1.960.806,04 euros, o que supón un 39,53 % do orzamento total.

O goberno local tamén leva ao pleno para a súa aprobación unha proposta de recoñecemento extraxudicial de créditos por valor de 483.436,94 euros co obxectivo de facer fronte a facturas a provedores pendentes do ano 2020, ben por falta de crédito ou ben porque entraron no Rexistro no ano 2021.

Comentarios