Venres. 29.03.2024
El tiempo

Camariñas presenta a súa primeira RPT

Casa do Concello de Camarinas
Camariñas presenta a súa primeira RPT

Parece incrible pero son moitos os Concellos da comarca que carecen de documentos tan básicos como a RPT, Relación de Postos de Traballos municipais. Así acontece en Camariñas, onde o goberno local presentará no pleno do vindeiro 18 de marzo a súa primeira RPT para igualar as retribucións do persoal laboral e funcionario.

O texto foi acordado cos representantes dos traballadores na Mesa Xeral de Negociación, e conta co informe favorable de Intervención e Secretaría e “permitirá crear unha estrutura municipal eficaz, moderna e racionalizar recursos”.

Lembran que un dos grandes obxectivos que se persigue coa RPT é a funcionarización de determinados postos de traballo ocupados na actualidade por persoal laboral”. Pero o máis importante do documento é a reordenación da estrutura organizativa do Concello, descríbense as características dos postos de traballo, determínanse os requisitos que se deben cumprir para a ocupación dos mesmos e racionalízase a asignación de complementos retributivos.

Comentarios