Venres. 12.08.2022
El tiempo

Camariñas promove o Camiño dos Faros nunha marquesiña

Marquesiña Camiño dos Faros
Camariñas promove o Camiño dos Faros nunha marquesiña

Pouco se fala este verán do Camiño dos Faros. Dende que a Asociación de trasnos deixou de loitar ante a parálise institucional para homologalo, semella que ninguén se preocupa do mellor produto turístico creado na Costa da Morte despois do camiño xacobeo.

Un que aínda pensa na ruta trasna é o Concello de Camariñas, que vén de colocar un vinilo na marquesiña do paseo marítimo para
promocionar a vila como a “Etapa Raíña” do Camiño dos Faros.
O vinilo inclúe un mapa en grande onde se atopan as etapas 4, 5 e 6 do Camiño, que son as que transcorren polo municipio.

Sandra Insua, quixo destacar “as condicións naturais ideais que posúe Camariñas para a práctica de turismo slow ou de actividades ao aire libre” e “o valor turístico que o Camiño do Mar supón para o noso municipio, xa que cada vez atrae máis visitantes ao longo de todo o ano”.

comentarios