Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Costa da Morte

A Xunta confirma no Parlamento a dilución do Camiño dos Faros na súa Ruta dos Faros de Galicia

Volveu quedar patente no Parlamento de Galicia este martes por que o Camiño dos Faros non está homologado como ruta de Gran Percorrido. Unha homologación que parece evidente, avalada pola entidade europea pertinente, despois do tremendo traballo da veciñanza, da Asociación Camiño dos Faros, creando, promocionando e regalando tras alcanzar o maior dos éxitos, o mellor produto turístico feito nas últimas décadas para a Costa da Morte.

O socialista Martín Seco levaba, outra vez, unha pregunta ao Parlamento, acusando á Xunta de “enganar á cidadanía de Bergantiños e a Costa da Morte” “renunciando ao actual proxecto e diluílo nunha ruta dos faros por toda Galicia”.

Foi a Directora de Turismo de Galicia Nava Castro a que asegurou que “o Camiño non se pode homologar tal e como está contemplado actualmente”, apelando, de novo, á “seguridade” dos camiñantes. Castro repasou as visitas que tivo cos alcaldes/as da comarca para ”informalos do avance da Senda dos Faros (incluídos os alcaldes de Carnota, Carballo, Dumbría ou Laracha), ofrecéndolles unha variante para espazos singulares o evitando outros espazos, e asegurando que foron os propios rexedores os que dixeron que había zonas que non se debían permitir, sinalando mesmo que o alcalde de Fisterra foi un dos promotores do cambio de nome á “Senda de Faros de Galicia”.

Volveu botar os balóns enriba do tellado da Federación Galega de Montañismo, culpando aos técnicos da entidade da non aprobación da homologación.

 

NOVAS RELACIONADAS

A Xunta confirma no Parlamento a dilución do Camiño dos Faros na súa Ruta dos Faros de Galicia