Martes. 19.03.2024
El tiempo

Camariñas propón tres cursos formativos para propietarios de parcelas forestais

Actividades para a reactivación do monte en Camarinas
Camariñas propón tres cursos formativos para propietarios de parcelas forestais

“Valoremos o noso monte” é o nome do programa formativo que vai desenvolver o Concello de Camariñas dirixido a propietarios de parcelas forestais. O Concello camariñán, un dos poucos da comarca que se preocupan pola xestión da biomasa e o cumprimento da Lei de Prevención de Incendios Forestais, prepara unha serie de 3 cursos pensados para aportar as ferramentas necesarias para que as persoas propietarias de montes poidan poñer en valor as súas explotacións forestais.

Serán un curso presencial e dous online, que se levarán a cabo entre o día 26 de setembro e o 29 de outubro.
O primeiro dos cursos, de modalidade presencial e con aforo limitado, centrará a súa temática no aproveitamento resineiro e ocupará todas as fins de semana dende o 26 de setembro ata o 24 de outubro. Desenvolverase na Casa da Sociedade de Xaviña e contará a maiores cunha saída ao campo para facer unha demostración do método de resinación.
Os dous cursos restantes, de modalidade en liña, faranse mediante a plataforma Webinar. O primeiro, cun total de 16 horas recollidas entre o 14 e o 28 de outubro, centrarase nas tecnoloxías de xeoposicionamento para a xestión dos montes. Pola outra banda, o relativo á valorización de subprodutos forestais, farase do 15 ó 29 de outubro tamén cun total de 16 horas.

As persoas interesadas en inscribirse nalgún dos cursos ou que teñan calquera dúbida poden poñerse en contacto no correo [email protected] ou no teléfono 653 27 69 89.

Novas relacionadas

Comentarios