1ª FUTGAL: A vitoria do Muxía fai bo o empate de Camariñas e Castriz
Quedan 4 xornadas para o remate e a loita por evitar o descenso á tremenda. O que parece seguro é que a Costa terá dous descensos (un a Esteirana e outro por determinar, provocando dous arrastres na Liga da Costa, ademais), peo os equipos loitan porque non sexan 3. Fundamental foi a remontada do Muxía ao Bastavales, o equipo que pelexa con Camariñas, Castriz e Fisterra por non descender. Esa vitoria fai bo o empate entre camariñáns e xalleiros, que quedan con 2 e 4 puntos de vantaxe.
O que desaproveitou unha oportunidade de ouro para saír dos postos de descenso, foi o Fisterra, deixando ademais escapar ao Cire da pelexa.
Por arriba, o Muxía coa súa vitoria fica aínda con opcións de pelexar pola promoción, pero sobre todo, ten a cabeza na final da Copa da Costa.
Muxia - Bastavales (3-2)
- Muxía: Joel, Mateo, Brais, Carlos Costa, Manu Martínez, Mauro, Javi Vilela, Iago Muíño, Fabián, Iago, Rober. Tamén: Iván Bouzón, Anxo, Víctor Alcaina, Julián, Manu Nogueira, Carlos e Isma.
- Goles: 0-1, m.12: Pablo; 0-2, m.30: Miguel Castro; 1-2, m.70: Isma Márquez; 2-2, m.74: Manu Nogueira; 3-2, m.76: Manu Nogueira.
Mal comezo dun Muxía cheo de rotacións, que saía ao campo sen o compromiso e a actitude que se merece si queres sumar na categoria. Tras unha primeira parte tirada na cal o Bastavales se pon cun 0-2 en dous balóns parados, e tralo toque de atención no descanso o equipo saíu mellor e conseguiu unha remontada que puido ser maior se chegan os de Pataca estar mais acertados nos últimos metros. A saída de Manu Nogueira, fundamental.
Fisterra - Cire (2-3)
- Fisterra: Joselu, Colombia, Piti, Maikel Mouzo, Rui, Rubén, Juan, Martín, Guille, Isaac Fábregas e Adrián Makaay. Tamén: Lois, Luisete, Noé, e Pablo.
- Goles: 0-1, m.13: Asier de penalti; 1-1, m.17: Adrián Makaay; 1-2, m.28: David Pereiro; 1-3, m.64: Jesús Pampín; 2-3, m.84: Adrián Makaay.
A piques estivo de sacar un punto valioso o Fisterra, que deixou escapar ao Cire de Melide. Os dous goles de Makaay non foron suficientes para saír do descenso, pero a salvación está preto.
Camariñas - Castriz (2-2)
- Camariñas: Jorge, Víctor, Borja (Djibril), Oliver, Pablo Suárez, Moriño, David (Martín), Joseba (Brais), Javi, Mario e Soule.
- Castriz: Iker, Fabián García, Marcos Mouro, Brais, Anxo, Alemán, Alberto Mata, Óscar Feal, Luís, Juanjo e Josiño. Tamén: Coke, Adrián García, Carlos Rieiro, Fabio, Rodo e Saúl.
- Goles: 0-1, m.48: Alemán tras pase atrás de Josiño; 1-1, m.53: Javi de penalti; 2-1, m.76: Mario; 2-2, m.93: Marcos Mouro.
Derbi igualadísimo, cos dous equipos con medo a perder. Comezaba o vento soplando a favor do Castriz, que tivo un par de claras ocasións (unha de remate dende o punto de penalti e un tiro cruzado de Josiño) ás que respondeu moi ben Jorge con sendos paradóns. No outro lado Mario ameazaba con boas combinacións pero ninguén quixo correr riscos.
Comezaba a segunda co gol de Alemán dende a frontal. Aí apretaron os camariñáns, que pronto empataban cun penalti sobre Mario protestado polos xalleiros. Novamente houbo minutos de igualdade e tensión, co Camariñas algo máis enchufado, e co aire a favor un balón longo de Jorge queda só Mario e supera a Íker de fermosa vaselina.
Parábase algo o partido, co Castriz envocardo metendo balóns arriba, e co Camariñas tendo varias contras para sentenciar e xa no desconto, unha falta na frontal, tira Fabio Blanco moi forte, rexeita Jorge e aproveita Marcos no rexeite.
Sábelle mellor o punto ao Castriz, ue ademais de ter 2 puntos na táboa, ten o golaveraxe xeral (o individual está empatado) a favor.
Esteirana - Club do Mar (2-7)
- Esteirana: Víctor, Kevin Rial, Godo, Aitor, Antón, Pachi, Uxío, Adrián, Raúl, Samu León, Foghete. Tamén: Dani, Pablo Rama, Guille, Tobío, Anxo.
- Goles: 0-1, m.6: Diego; 0-2, m.7: Tiago; 0-3, m.20: Mario Vila; 0-4, m.32: Mario Vila; 1-4, m.48: Foghete; 2-4, m.60: Kevin Rial; 2-5, m.64: Mario Vila; 2-6, m.87: en propia; 2-7, m.89: Jacbo Rial.
Non pode a Esteirana acabar competindo ben o curso. Sofre demasiado o cadro esteirán e ademais segue a ter moi mala sorte. Non estivo mal o cadro de Adán na primeira metade, ben xuntiños e ordenados, pero a eficacia do club caionés era total e a cada chegada, gol. Así, 0-4 en media hora, mentres na outra área, non entraba o balón.
Saíron enchufados na segunda, e recurtaron ata o 2-4, sacando balóns por fóra e entrando por banda, pero nunha contra o Club do Mar facía o 5º, e aí os esteiráns baixaron os brazos.
Polo menos o equipo, xa descendido matematicamente, vai recuperando efectivos como Tobío, pensando no ano que vén.
Todas crónicas da 1ª FUTGAL
- X.29: O Castriz reacciona antes da fraticida recta final.
- X.28: O Muxía pode ata co líder e o Fisterra métese de cheo na loita pola salvación ao vencer ao Castriz.
- X.27: Táboas insuficientes.
- X.26: Só o Fisterra salva unha nova mala xornadas.
- X.25: O mundo ao revés.
- X.24: Dous míseros empates.
- X.23: O Fisterra saca a cabeza a costa dunha afundida Esteirana nunha xornada fatídica.
- X.22: O Muxía ponse colíder e Castriz e Camariñas alonxan o descenso.
- X.21 O Muxía fai soñar á parroquia corviña á costa do Camariñas.
- X.20: Esteirana e Fisterra reaccionan e o Muxía colócase a 1 punto do liderato.
- X.19: O Muxía afunde máis ao Fisterra e soña con todo.
- X.18: Fisterra e Esteirana quedan descolgados nunha boa xornada para Muxía, Camariñas e Castriz.
- X.17: O ano comeza tan mal como acabou para os equipos costeiros.
- X.16: Xornada fatal para confirmar un mal comezo de curso.
- X.15: Sufrindo fóra de casa.
- X.14: O Castriz invade Esteiro e o Muxía cólase na zona noble.
- X.13: A Esteirana reacciona en Caión.
- X.12: Sacando rédito sobre a bocina.
- X.11: O Castriz supera ao Fisterra nunha xornada máis positiva.
- X.10: O Muxía vence o derbi e escapa do pozo.
- X.9: Esteirana e Castriz respiran.
- X.8: Só suma o Camariñas e os outros 4 equipos costeiros pechan a táboa.
- X.7: Pleno de derrotas que afunde aos 5 equipos costeiros na táboa.
- X.6: Muxía e Fisterra poñen os goles.
- X.5: Dous fermosos derbis.
- X.4: Empate de respecto.
- X.3: Probando o duro sabor da 1ª.
- X.2: O Camariñas pon pé na 1ª cunha remontada espectacular.
- X.1: Sensacións dispares nun comezo bronco.
Máis info
- Todos os resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com.