Sábado. 28.11.2020
El tiempo

Camariñas propón a veciñanza adiantar as ceas ás 20:00h para apoiar á hostalaría e ao comercio local

Camariñas propón a veciñanza adiantar as ceas ás 20:00h para apoiar á hostalaría e ao comercio local

Onte a hostalería de Santiago de Compostela saíu á rúa para esixir que non a criminalicen, e sinalando que non son os problema, senón parte da solución. Dende Camariñas, o Concello quere sumarse ás campañas que se están promovendo a nivel nacional para apoiar á hostalaría e fomentar as compras no comercio local, sectores que están a verse moi afectados pola situación epidemiolóxica actual e que aínda sofren máis as consecuencias do novo Estado de Alarma decretado.

O Concello comezou onte a promover a través das súas canles de difusión a iniciativa para animar aos veciños e veciñas de Camariñas a adiantar as súas ceas ás 20 horas. Un xesto relacionado coa limitación da mobilidade nocturna, que actualmente está fixada de 23 a 6 horas, e que supón grandes perdas para os bares e restaurantes da zona.

Por outra banda, o goberno local quere concienciar á cidadanía da importancia de facer as súas compras no comercio local e para iso está a distribuír carteis incidindo en que os establecementos de Camariñas son seguros, están cumprindo todas as medidas de prevención, e mercar neles significa axudar aos seus veciños e velar polo futuro do pobo.

comentarios