Camariñas reactiva ás empresas locais

Ponse en marcha a campaña #CamariñasReactívase, que ten como obxectivo principal potenciar e dinamizar as empresas locais que seguen traballando e loitan para manterse vivas.
A primeira acción será a difusión dos seus negocios a través das redes, coas contas do Concello espallando as mensaxes cos co cancelo #CamariñasReactívase.
Ademais de compartilo nas redes municipais, cos datos obtidos o Concello elaborará unha lista dos establecementos que continúan ofrecendo os seus servizo durante o Estado de Alarma que posteriormente distribuirá entre a poboación. Para obter máis información sobre esta iniciativa pódese mandar un correo electrónico a adl@camarinas.net, consultar a web municipal ou chamar ao teléfono 653 264 990.
2ª fase
A segunda fase do #CamariñasReactívase ten que ver co plan de reactivación económica no que están a traballar todas as Axencias de Desenvolvemento Local da Costa da Morte.
Para coñecer as necesidades reais do tecido empresarial, desde o comité de traballo do Plan poñeranse en contacto co tecido empresarial, social e produtivo de todo o territorio a través de cuestionarios, enquisas ou entrevistas.
Para iso, desde a ADL de Camariñas necesitan confirmar que teñen os datos de contacto actualizados de todas as empresas do municipio, tanto as que están agora abertas como as pechadas.