Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Camariñas segue pendente do Tanatorio

Camariñas segue pendente do Tanatorio

Continúa a vila de Camariñas pendente do seu Tanatorio Municipal. O pasado 25 de marzo un xulgado de A Coruña ordenaba a paralización das obras e o derrbido do inmoble sito na rúa Muíño de Vento, tras unha denuncia dunha veciña. Unha paralización que non está sendo respetada polo Concello.

A propia Deputación, que financia a obra cun total de 285.000€ sobre os 380.000 do proxecto total, pediu explicacións ao alcalde camariñán, que mantén a súa postura de que as obras non se van paralizar.

Segundo denucna o PP "a polémica está servida en canto unha Administración Local négase a acatar unha orde xudicial e o día 16 de Abril expira o prazo dado pola Secretaria xudicial para que leve a cabo paralización e derriba dunha parte das obras por ser propiedade da veciña demandante".

Esa do 16 de abril serçá unha data importante para o caso, e outra será o pleno do 26 de abril no que se tratará o asunto.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios