Sábado. 04.05.2024
El tiempo

Cerdeimar explica a nova ubicación do depósito de homoxeinización de vertidos

Cerdeimar explica a nova ubicación do depósito de homoxeinización de vertidos
Imaxe do deposito de homoxeinizacion de residuos de Industrias Cerdeimar

Non hai moito, varios veciños de Camariñas protestaban pola nova ubicación dun depósito de residuos da factoría conserveira. Unhas voces que quere contrarrestar a dirección da fábrica cos seus argumentos, i é que dende Industrias Cerdeimar aseguran que "sempre temos a porta aberta para informar aos veciños".

Andrés Cerdeiras explica que a nova ubicación, dada unha obriga de Costas, só varía nuns 15 metros que o Depósito de homoxeinización de vertidos industriais ten que desprazarse ata arriba, lonxe do paseo marítimo. Un paseo martítimo, que por certo, foi cedido pola empresa a Costas hai 20 anos "sen obter nada a cambio", afirma Cerdeiras.

Nese sentido aseguran que non é ningún "depósito de merda", senón un un "espazo onde se depuran os residuos orgánicos, que en ningún caso perxudica ou contamina a zona. Precisamente serve para depurar os residuos antes de vertelos á ría". Quere zanxar así a polémica e insiste en que abre as portas aos veciños para que pasen a ver o depósito e que comproben a súa inocuidade.

"Unha das rías máis ricas de Galicia"

Cerdeiras vai máis alá, asegurando que dende a empresa fixeron un estudio da fertilidade da ría de Camariñas, obtendo como resultado que as augas residuais da fábrica, ao non ser esaxeradas e ao ter cantidades de materia orgánica, provoca un aumento da calidade dos moluscos de toda a zona, sendo a ría de Camariñas unha das máis ricas de toda Galicia.

Novas relacionadas

Outras novas

Fonte

Comentarios