Camariñas sinaliza a súa natureza
Camariñas, todo natural.
Esta será a frase coa que se atopen os visitantes a entrada de Camariñas, un concello con case unha cuarta parte do seu territorio incluído en zona de protección da Rede Natura 2000. O Concello de Camariñas realizou unha ampla sinalización para dar a coñecer a Rede Natura e poñer en valor os seus elementos naturais e medio ambientais.
Para iso, á vez que se indicaron os accesos á zona desde todas as parroquias, colocáronse mesas interpretativas con información sobre a vida nas dunas, na costa rocosa e no cabo Vilán. Ademais, instaláronse outras cinco mesas informando sobre a xeoloxía costera, os sistemas dunares, as actividades pesquera e agraria e o cemiterio dos Ingleses. Xunto a elas, dez sinales repartidas polo territorio indican que se está na zona protexida da Rede Natura, mentres que en varios cruces sinálanse as praias do concello.
O Concello dá Camariñas instalou un total de 27 sinais coa cofinanciación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas a través do Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader).
Fonte
- Concello de Camariña.