Luns. 14.10.2024
El tiempo

Camariñas tamén se move polo Cerco

Camariñas tamén se move polo Cerco
A Casa do Concello de Camarinas loce unha pancata de apoio ao cerco galego A Casa do Concello de Camariñas loce unha pancata de apoio ao cerco galego

Son Camariñas e Malpica os portos costeiros con maior presencia de barcos do cerco. Das 1200 familias que dependen de maneira directa desta pesca, unhas 100 son da nosa bisbarra. E por iso son os grupos destes concellos os únicos que están movendo fichas para apoiar aos Cerqueiros Galegos, mobilizados xa nunha asociación (ademais da maioritaria ACERGA) despois de varias semanas acampados diante de San Caetano.

Por Malpica, fútbol e políticos apoiaron a loita. Por Camariñas, o Grupo Municipal Socialista na corporación municipal de Camariñas rexistrou unha moción en defensa dos armadores e mariñeiros do cerco que levan meses loitando pola defensa do seu medio de vida.

Mentres as flotas seguen amarradas polo inxusto reparto de cotas para o que resta de ano. Piden máis cota das principais especies obxecto de captura, ás que se sumou recentemente o xurelo, unha carencia motivada polo inxusto reparto de cuotas que prima os criterios históricos fronte aos socio-económicos sen ter en conta que a flota galega no periodo seleccionado para tomar eses históricos estaba cunha autorregulación de capturas en augas interiores, fronte a outras frotas que non estaban autorreguladas.

ACERGA, xustifica a decisión do amarre indefinido por falta de viabilidade económica nos seguintes puntos:

  • O inxusto reparto de cuotas que fai que os buques da asociación (que representa ao 80% dos buques do cerco de Galicia) estén sen posibilidades de pesca.
  • O reiterado inmobilismo transmitido polas distintas Administracións fronte as demandas que dende fai tempo a frota do cerco ven reiterando nas súas continuas concentracións ao longo da xeografía galega.
  • Polo recorte sufrido nos TACs para as especies obxectivo, que levou a un peche prematuro das pesqueiras nas Zonas CIEM VIIIc e IXa, sen contrastar co sector a gran abundancia das especies nas nosas augas.
  • A imposibilidade de asegurar a viabilidade económica dos buques e as súas tripulacións.

Novas relacionadas

Fonte

  • Grupo Socialista de Camariñas.

Comentarios