mércores. 07.05.2025
El tiempo

Camariñas únese á batalla contra a velutina

Camariñas únese á batalla contra a velutina
Trampa contra a avespa velutina

Santa Comba, Malpica, Vimianzo Carballo ou Zas son algúns dos concellos máis implicados na batalla contra a avespa velutina, que chega ademais a un momento fundamental. Súmase tamén o Concello de Camariñas, que vén de instalar 100 trampas para esta invasora, nestes meses de primavera nos que mellor se pode capturar as raíñas, que viven entre marzo e xullo antes que fagan os niños.

Segundo Xesús Asorey, biólogo da Asociación Galega de Apicultores (AGA) “cada vespa velutina que se colla nesa época é un niño menos que vai aparecer despois”.

A batalla conta a velutina é fundamental para o noso ecosistema. A vespa velutina debora insectos e froita. O insecto ao que máis ataca é á abella que é a encargada de polinizar as flores e imprescindible para que teñamos froito.

Silencio da Xunta

Xa temos escoitado as fortes queixas do Concello de Zas perante o abandono da Xunta de Galicia nesta loita. Camariñas tamén lamenta que “a Xunta de Galicia, que é quen ten a competencia nesta materia, ata valora a opción de abandonar a loita contra a praga”, algo que non vai impedir que o Concello de Camariñas e os da bisbarra sigan loitando da man dos veciños contra esta invasión.

Así, dende o concello animan a todos os veciños a instalar unha trampa nas súas leiras e xardíns, sobre todo a velutina frecuenta os limoeiros, laranxeiras e camelias.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com)

Comentarios