luns. 20.04.2026
El tiempo

Preferente: Ocasión perdida

11 do CF DUmbria no Conco
11 do CF Dumbría no Conco
Preferente: Ocasión perdida

Doble derrota para os nosos nesta xornada 30. O Sofán perdeu tras ir gañando durante 70 minutos, e ve como a Promoción escapa a 5 puntos de distancia.

No Conco, o Dumbría marcaba no minuto 92 o empate pero vía como o Lalín volvía poñerse por diante no 95, para celebrar o ascenso e o título con 4 xornadas de marxe. Os dumbrieses están 3 puntos sobre o descenso.

O Val - Sofán (2-1)

  • Sofán: Gardu, Javi, Alex Sánchez, Alexandre, Izan, Braian, Pablo Parafita, Iván Parafita, Marcos, Julián e Iván Pardo. Tamén: Brais, Dani García, Dani Pena, Bruno, Joel e Iraitz..
  • Goles: 0-1, m.15: Alexandre; 1-1, m.89: Rafa Couce; 2-1, m.86: Casteleiro.

Conseguía marchar ao descanso o Sofán con vantaxe tras un golazo de Alexandre de primeiras un córner que botou Julián raso á frontal. Un resultado algo inxusto, en todo caso, pois O Val estivo mellor, sobre todo máis intenso, ante un Sofán espeso.

Así e todo o cadro de Pablo Torreira aguantaba ata que se rompía o partido partido expulsión de Iván Parafita a falta de 10 minutos. Aí, os locais a base de empuxe foron quen de remontar o partido.

Dumbría - Lalín (1-2)

  • Dumbría: Anxo, Mataso, Aarón, Berto, Breixo, Jano, Sergio, Juan, Lucas Toba, Marcote, Toni. Tamén: Isma, Mario, Diego Estévez, Pablo Costa Ramos, Pablo Taboada, Adrián Periscal e Javito.
  • Goles: 0-1, m.7: Martín; 1-1, m.92: Diego Estévez; 1-2, m.95: Aarón.

Tivo o Dumbría unha ocasión de sumar un punto moi válido. Foi capaz de competir con todo un campión e novo equipo de 3ª RFEF, aguantando moitos minutos por debaixo do marcador pero manténdose no choque. E cando Estévez conseguía empatar xa no desconto, un balón mal defendido permitiu aos visitantes celebrar o seu título e o seu ascenso directo, con 4 xornadas de marxe, sobre o céspede do Conco.

Máis info

Todas as crónicas de Preferente.

Comentarios