Venres. 19.04.2024
El tiempo

Sandra Insua úrxelle ao delegado do Goberno unha solución urxente para construir o paseo de Area da Vila

Sandra Insua úrxelle ao delegado do Goberno unha solución urxente para construir o paseo de Area da Vila

Xa leva moitos meses o Concello de Camariñas solicitando ao goberno central un proxecto para solventar os problemas das vivendas que viven cara o mar na zona da Area da Vila. Tras varias reunións con Costas, onte, a alcaldesa Sandra Insua, puido trasladarllo en primeira persoa ao Delegado do Goberno, José Miñones.

Insua insistiu na necesidade de buscar unha solución urxente para poder construír o paseo de Area da Vila e transmitiulle a importancia de executalo canto antes para protexer as vivendas do mar. “O proxecto anterior, de 2010, é inviable xa que ía por dominio público terrestre pero podería executarse en zona de servidume, os terreos xa están expropiados e á disposición de Costas”, explicou Sandra Insua.

Miñones comprometeuse a “organizar no mes de setembro unha xuntanza xo Xefe de Costas para estudar as posibilidades de darlle unha solución definitiva”. Lembrou que “este paseo daralle continuidade á senda, que xa está aprobada a expensas dunha autorización de Patrimonio, e que unirá as praias de Area da Vila e Lingunde”.

Rolda de prensa en Camarinas

Novas relacionadas

Comentarios