Camariñas xa ten as chaves da Cámara Agraria

19:38 28/05/25
O Concello de Camariñas xa puido entrar a ver como está o edificio da Cámara Agraria. A alcaldesa de Camariñas, acompañada doutros concelleiros e concelleiras do goberno local, invitou aos veciños e veciñas do Allo a visitar un edificio que necesita unha profunda rehabilitación. Situada no Allo, na Ponte do Porto, leva moitos anos abandonado.
O Concello adquiriu o inmoble no pasado mes de abril á Consellería de Facenda da Xunta de Galicia por un total de 22.695 que se aboarán en 10 anualidades.
O obxectivo é rehabilitalo e poñelo á disposición da veciñanza para diferentes usos.