Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Camelle e Arou preparan a nova edición do City of Agra, o meirande programa cultural de Galicia dedicado a un naufraxio

City of Agra programa 2022
Camelle e Arou preparan a nova edición do City of Agra, o meirande programa cultural de Galicia dedicado a un naufraxio

As vilas de Camelle e Arou póñense de época xa pensando na fin de semana de 8, 9 e 10 de xullo. A celebración dos 125 anos do afundimento do City of Agra, o meirande programa cultural de Galicia arredor dun naufraxio, enchegará as vilas camariñás de historia, de memoria, de tradición, de gastronomía, de festa…

Durante todos os días haberá unha feira mariñeira, cunha exposición e un concurso de tapas entre os bares das dúas vilas.

Pero o programa complñetase con visitas guiadas, os concertos de Serj e Os Melidaos, roteiros, sardiñadas, foliadas, pasarrúas…

Pero sobre todo, os grandes elementos diferenciais deste programa son as actuacións protagonizadas pola xente da vila. O venres 8 de xullo, ás 21:30h, terá lugar a xa famosa Palillada Teatralizada, un espectáculo feito na casa con sabor a mar e encaixe. Outra dos grandes eventos é o acto da Arribada dos Náufragos, que se celebará o sábado ás 22:30h coa música de O pau que vira.

Palillada teatralizada do City of Agra
Imaxe da Palillada teatralizada do ano pasado

Ademais, o domingo ás 12:30h terá lugar a sentida homenaxe aos náufragos da Costa da morte, coa tamén teatralizada recepción de autoridades aos náufragos do barco afundido.

WhatsApp Image 2022-06-12 at 9.50.28 AM

Novas relacionadas

Comentarios