Camelle recorda a Man cunhas xornadas quince anos despois do seu pasamento
07:05 29/11/17
"15 anos sen Man" é o título da xornada que se celebrará o vindeiro 16 de decembro no Museo do anacareta en Camelle e coas que se conmemorarán os 15 anos de seu pasamento, os mesmos que a traxedia do Prestige.
As xornadas arrancas ás 10:3o horas cun obradoiro sobre crebas impartido polo colectivo artístico Retoque Retro e que está dirixido aos nenos e nenas do concello de Camariñas co fin que se conciencien sobre a reciclaxe do lixo e que vexan que tamén se pode converter en arte. Logo, ás 13 horas, Xurxo Souto ofrece unha charla que leva por título "Man e o mar".
As xornadas sobre Man rematan cun concerto que comeza ás 17 horas da man de "Mardeafora"; un grupo formado por Miguel Villanueva - guitarra -; Xavier Blanco - guitarra -; e Alba Blanco - voz -.
Ademais destas actividades (todas de balde), os e as asistentes poderán visitar a exposición permanente que acolle o museo así como os traballos de rehabilitación da casa de Man - que esta semana afondamos no seu estado - .
Os interesados en participar poden informarse no número de teléfono 981 710 224.
Novas relacionadas
- Novembro 17: “Vai cambiar moito a imaxe da Casa de Man”
- Novembro 17:#15anosdoPrestige: “É mellor pensar foi unha película que se rodou aquí”.
- Abril 17: A USC e o concello de Camariñas únense para estudar o legado documental de Man.
- Novembro 16: Aprobado, por fin, o proxecto de rehabilitación da Casa do Alemán de Camelle.
- Xaneiro 2016: Camariñas poderá rehabilitar a Casa de Man de Camelle.
- Xuño 2015: Un Museo para as libretas de Man.
- Abril 2015: Man de Camelle ten a súa estatua.
- Maio 2015: Obradoiros MAN: O crebeiro artista.
- Maio 2015: Obradoiros Mar, Arte e Natureza para recuperar a base de creatividade o legado de Man.
- Abrio 2015: Man de Camelle ten a súa estatua.
- Decembro 2014: Man de Camelle xa ten o seu proxecto de rehabilitación.
- Decembro 2011: Os voluntarios da Fundación Man de Camelle protestan ante a impasibilidade das administracións cunha velada.
- Setembro 2011: Fotodenuncia: O Museo de Man, en coma.
- Lorena en Verde: Man de Camelle.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).