Venres. 10.07.2020
El tiempo

Camelle sumérxese no patrimonio marítimo a base de escafandros

Camelle sumérxese no patrimonio marítimo a base de escafandros

A A.C. Naufraxios Galegos, celebrou o sábado día 4 de xaneiro, ás 17:30 horas no salón de actos do Museo de Man, en Camelle, a entrega dos premios do seu I Concurso de Escafandros para os nenos e nenas das escolas de primaria do Concello de Camariñas, homenaxeando nun emotivo acto previo, a dez homes que “traballaron ao ferro” neste porto, os cales aportaron e ainda teñen moito que aportar á historia marítima do seu pobo: Paco e Manolo de Bajeras, Pacucho e Jose María de Petrallo, Juan de Adelina, Antonio do Jatiñeiro, José do Paquete, Modesto do Cachán, Modesto de Eulogia e Pepe de Lucha, foron buzos e membros das tripulacións dos barcos de Camelle que se adicaron a extraer chatarra e cargamento dos barcos afundidos por esta costa, que foron agasallados por dita asociación, cun fermoso prato persoalizado e decorado pola artista local, Miryam Mouzo Pose, Jataparda, detalle que causou admiración entre os presentes.

O acto tivo un esceario mítico desta vila, pois o lugar que ocupa na actualidade o Museo de Man, foi o antigo solar do famoso Almacén e Estación de Salvamento de Camelle dende o 1898 ata o 1965, onde se atendían aos náufragos das súas necesidades primarias e perentorias e se lles daba aloxamento e roupas, e tamén onde se almacenaba o xénero rescatado dos pecios.

Nun salón de actos que se quedou sen cadeiras para sentar á veciñanza de Camelle e ao público en xeral que acudíu a este acto histórico, foron entregados entre os nenos premiados na primeira edición deste certame, agasallos doados por: Libraría Sisargas, Fiandón Libros de Vello (A Coruña), Esymar Artes Gráficas (Cerceda) e pola propia A.C. Naufraxios Galegos, a cal agradece a gran colaboración feita pola asociación ecoloxista amiga, Mar de Fábula, con sede en Camelle, de cuios obradoiros naceron as pezas dos escafandros presentados a este concurso, grazas a marabillosa laboura de Xosé Manuel Barros e da súa filla Virginia a prol de manter limpo o noso planeta, especialmente o litoral da Costa da Morte.

Dende a A.C. Naufraxios Galegos, agradecen tamén a colaboración da Anpa Campo da Area de Camelle e do Concello de Camariñas, especialmente á súa alcaldesa Sandra Insua e á concelleira de Servizos Sociais, Begoña Tajes.

Achegando o mar aos máis pequenos

”O obxetivo de crear este concurso foi o de sementar entre os nenos e nenas do Concello de Camariñas, especialmente de Camelle, a historia marítima do seu pobo a través da imaxinación e das narracións e contos que os maiores lles contan nas súas propias casas e deste xeito, mentres que se rende tributo a unha figura esencial no despece de barcos: o buzo de escafandro, facemos partícipes aos pequenos e ás pequenas desta figura que eles mesmos crearon coa súas propias mans, gran imaxinación e inventiva”, explica Fernando Patricio Cortizo, gran culpable deste certame, que xa preprara dende a A.C. Naufraxios Galegos, a II edición do meirande programa cultural adicado a un naufraxio, en Galicia: City of Agra. 123 anos na memoria, que se celebrará os días 22, 23 e 24 de maio do 2020 en Camelle e Arou.

Novas relacionadas

comentarios