Martes. 08.10.2024
El tiempo

O City of Agra e o pobo de Camelle, obxecto dun documental

Imaxe aerea do naufraxio City of Agra
Imaxe aerea captada por dron na celebracion do 125 aniversario do naufraxio do City of Agra
O City of Agra e o pobo de Camelle, obxecto dun documental

Este verán vivimos o potencial emocional da celebración arredor do naufraxio do City of Agra. Camelle enteiro (a pesar da inoportuna voda) volcábase co programa de actos arredor do 125 aniversario do afundimento do buque británico.

O meirande programa cultural de Galicia arredor dun naufraxio aínda non rematou, e faino en clave documental. Co apoio da Deputación, a compañía Vizuals Lab (que ten en marcha outros proxectos audiovisuais na comarca como o documental “Gnadinger”) está creando un proxecto documental interactivo e multiplataforma sobre o evento.

”City of Agra - Un pobo unido pola traxedia” é o título deste proxecto, que xa avanza no seu desenvolvemento. Traña labor de documentación en colaboración co pobo camellán e co escritor Fernando Patricio Cortizo, e despois de filmar a festa e diversas entrevistas, o proxecto comeza a ver a luz.

Actualmente xa conta con perfís de Instagram @cityofagra.doc e de Facebook “nos que nos van contando a historia do barco e do evento”. E antes de fin deste ano verá a luz unha peza documental que se proxectará en Camelle e despois quedará dispoñible na rede en forma de webdocumental interactivo.

Ademais o proxecto inclúe a creación dunha infografía, o “mapa do suceso” na que se marcan todos os lugares de interese na historia do City of Agra visitados durante o roteiro organizado pola AC Naufraxios Galegos; e un folleto informativo sobre a historia do buque.

Todo este material estará a disposición dos centros educativos da Costa da Morte, e Vizuals organizará presentación nos mesmos.

Novas relacionadas

Comentarios