Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Os canóns do Castelo do Soberano instalaranse no Xardín do Percebe

CanónsSoberano3
Os canóns do Castelo do Soberano sendo levados para restaurar o pasado mes de xaneiro
Os canóns do Castelo do Soberano instalaranse no Xardín do Percebe

En xaneiro comezaba o proxecto de restauración, e a semana pasada o Concello de Camariñas confirmaba que os dous canóns do Castelo do Soberano volverían para a vila do Encaixe. Son dous dos 5 canóns da vella fortaleza erguida 1740 para defender a entrada na ría, que forman parte do patrimonio histórico camariñám.

O concello confirma que os canóns estarán en Camariñas o vindeiro 24 de maio, e serán instalados, como reclamo turístico, no xardín do Percebe.

A decisión foi protestada pola voceira do BNG, Ilva Carril, que considera innecesario “eliminar e cementar ese xardín que ten máis de 100 anos de antigüidade”. Dende o BNG piden que se coloquen “no lugar onde se ubicaba o Castelo do Soberano e se identifique a zona coa sua historia”.

Xardin do Percebe en Camarinas
O Xardín do Percebe está situado en pleno centro de Camariñas

Novas relacionadas

Comentarios